O Centro de Día de Curtis é un centro xerontolóxico de apoio as familias que presta, durante o día, atención terapéutica integral ás persoas maiores con dependencia ou en risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, as relacións sociais e a permanencia no entorno habitual. O centro atópase situado no Recinto Feiral onde se realiza dúas veces ao mes, o 9 e o 21, a Feira Comarcal de Curtis, un dos mercados rurais referentes en Galicia. Esta situación, fai posible que a saída ao mercado sexa unha das mais importantes actividades de ocio e participación na comunidade levadas a cabo polo centro, xa que suscita unha gran interese e participación por parte das persoas usuarias. Ademais de dar servizo ao concello de Curtis, faino a outros municipios como Aranga, Coirós, Oza-Cesuras, Frades, Mesía, Boimorto, Vilasantar e Sobrado dos Monxes.

RELACIÓN DE EQUIPA.

EQUIPA TÉCNICA - Kelly Raña Rocha (Coordinadora do centro, Terapeuta Ocupacional, Xerontóloga Clínica). - Paula Pico Silva (Psicóloga). - Teresa Pena Ceide (Traballadora Social). - Belén Manteiga Manteiga (Traballadora Social).

EQUIPA XEROCULTOR - Dora Franco Pérez - María Belén Sánchez Pérez - Olalla Quintanilla Torreiro - Ana María Ramos Espantoso